jueves, 2 de abril de 2020

XOVES 2 DE ABRIL ENLACES SEGUNDO DE PRIMARIA

GOOD MORNING EVERYONE.


Hoxe vou  facer dúas entradas diferenciadas.
Primeiro os enlaces ao activity book co que estamos traballando.
E segundo recordarvos o meu correo para que me enviedes os traballos, debuxos, propostas dos peques. Xa sei que moitos me seguides desde hai case tres semanas. Moitxs bereberechiñxs están traballando increiblemente ben. Para os que vos incorporastes esta semana, vos recomendo o traballo diario dende o dia 15 de marzo. Así vos poñedes ao día, non é moi tarde.....bueno, un pouco!!!
Correo:  


evaftorres@gmail.com

Para os de terceiro que aínda non sabedes, aquí me podedes mandar o traballo diario dos vosos fillxs. 
Xa o contei en moitas outras entradas pero o volvo a repetir: NON É AVALIABLE. E ata o día de hoxe non temos outras indicacións de avanzar na materia.
Recórdovos que me acaban de chegar os enlaces hoxe.
Así pois, imos aló.


GO2 LIBRO DE SEGUNDO

OLLO!!!! ABRIR CON GOOGLE CHROME



Son seis unidades e temos feito 4 (dúas por avaliación). Fixemos moitos exercicios de repaso porque neste terceiro trimestre xa tiñan que empezar a escribir "ben". Este proceso é diferente en cada alumnx.
Así pois.

Ata luns repasades tema 1( os que levades traballando comigo dende o principio xa o temos feito, a actividade de post it nas portas, os que vos incorporedes hoxe comezade desde a primeira entrada do luns 16 de marzo para levar unha continuidade).

Alumnos de 3º
Podedes repasar tamén este vocabulario
Facer tarxetas, facer frases, copiar o vocabulario con bolis de colores, etc....

ALUMNOS DE 1º
Podedes ver que vocabulario imos  a traballar o ano que ven. Vos animades a copiar?? Adiante. Algúns estades traballando moitísimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario