jueves, 30 de abril de 2020

LUNS 4 DE MAIO RETOSSS

Ola berberechiñsx. 
Vouvos ensinar algunha fotiño do reto das ventanas. I am " in love"





Sabedes que é DADA

Hoxe propóñovos esta actividade para pasar un rato divertido e aprender. Está xenial, como cada unha das propostas que fan estos profesionais e amigos. 



I



RETO ABECEDARIO

ORGANIZACION;
Imos a facer un abecedario entre todxs. Cada quen decide o formato ( folio entero, libreta grande, libreta pequena, folios de colores, medio folios, cartolina grande dividida.....)
Tedes que copiar todas as palabras e debuxos( os máis atrevidxs tamén poden faacer unha frase) e cando teñades  TODAS as palabras copiadas me mandades unha foto do voso abecedario ( se son moitos folios un exemplo). E o gardades. Cando regresemos ao cole imos a facer unha exposición.

Así pois comezamos.

FOTOS DÍA 1 ( por suposto que non irán en orden, vounas subindo segundo más mandedes)

Laura
María

Sabe
Noa
Unha cosiña. Participan alumnos desde 4º de infantil ata 3º de Primaria. 
Moitas grazas a todsx polos vosos correos e o que alí me decides. Sodes marabillosxs!



miércoles, 29 de abril de 2020

Xoves 30 abril

Bos días familias.

Hoxe é o último día do reto das ventanas( entre outras cousas orque vos quedades se vistas)


My favourite word is ...........
Tedes que escribir e debuxar a vosa palabra favorita en inglés.





Cando rematemos este reto tedes dúas opcións, ou sacalos e pegalos noutro sitio, ou deixalos na ventana.
Unha boa idea é repasalo diariamente. Como sabedes, todos os días cando comezo a clase vos fago un par de preguntas a cada un. Así que agora xa tedes as respostass e as podedes escribir, ler, repasar ou grampar e facer un libriño.

Ata a semana que ven non vou a subir máis fichas. douvos vacacións peeeerooooo imos comezar un novo reto o luns.

Nome do reto:   non sei, tédesme que axudar a escollelo.
Que temos que facer: mandarme un correo 
evaftorres@gmail.com decíndome que  participo ades no novo reto.
Asignareivos unha letra a cada un e tedes que buscar unha palabra en inglés que non saibades
Facer un debuxo e mandarmo ao día seguinte.
Cada día irei subindo as fotos que me mandades e tedes que facer na vosa casa o abecedario de novas palabras.


O tamaño o decidides vós, máis grande ou pequeno tanto me ten. Eu publicarei a foto e o nomme do alumnado que o fixo. Porfa, familias, mandádeme foto para non ter que cambiar de formato que non me chegas as horas do día.
Se tedes algunha dúbida ma facedes cando me mandedes o correo.

Eso sí, imos escoitar un pouquiño en inglés. É importante escoitar un pouco cada día.






martes, 28 de abril de 2020

Miércoles 29

Good morning.
Comezamos mostrando unha pequena parte do traballo que me mandades diariamente. 
Teño que darvos parabéns a todx por igual pais/nais e peques. Moitxs estades facendo que todo este traballo mereza a pena ademáis de demostrarnos a vosa implicación e responsabilidade de cara ao traballo e progreso dxs vosxs fillsx.
 Así pois: mirade










Aina, Kloe e David son de infantil 💗💗💗, Denís e xoel de 2º e 3º.

Comezamos o traballo de hoxe.

Bailamos?
Non vai a ser todo estudiar.






Aquí tedes un enlace que ten que ver co reto " da ventana" que xa vos digo que acabará o xoves ( senón vos quedades sen vista). 
Picades no seguinte enlace  e repasades

REPASAMOS O CALENDAR

E seguimos co reto. Repasamos.
1º día- My name is.....
2º día- I am.... years old.
3º día.... it is Friday
4º dia - It is sunny
5º día My favourite food is......
6º día - My favourite animal is..... ( facede debuxo e poñede o nome)


E coma case todos os días escoitamos esta historia. Copiades o título e se vos apetece facedes un debuxo cos nomes que aparecen no conto. Recórdovos o importante que é nestas idades escoitar.



 Recórdovos o meu correo:
evaftorres@gmail.com

FICHA REPASO PARA 1º-
REPASO TEMA 3. PREMEDE AQUÍ


FICHA REPASO PARA 2º PRIMARIA
REPASO TEMA 3



lunes, 27 de abril de 2020

MARTES 28 SPACE


HELLO

Gustariavos vixar ao espacio?
Hoxe imos a facer algo diferente, imos a traballar o vocabulario do SPACE
PREMEDE NO ENLACE
ADEMAIS:

AQUÍ TEDES UN XOGO DE    VOCABULARIO
PREMEDE AQUI

E un par de fichas de repaso. Podédelas facer todx





Hoxe propóñovos que comecemos por facernos un “astronaut helmet”!

QUE TAL SE VOS ANIMADES A FACER UN??





 SEGUIMOS CO RETO DAS VENTANAS. VELAQUÍ TEDES ALGUNHA FOTIÑO





REPASAMOS O QUE FIXEMOS:
1º- MY NAME IS.......
2º- I AM ..... YEARS OLD
3º. IT IS FRIDAY
4º IT IS SUNNY
E HOXE IMOS A FALAR DA VOSA COMIDA FAVORITA.
5º- MY FAVOURITE FOOD IS...... ( e un debuxiño)

E outra pregunta?
Seguimos co reto das ventanas??
Gústavos?
Pero: OLLO PIOLLO!!! Despois imos facer un libro con todos os papeis que tedes pegados nas ventanas, así que non os tiredes. Vos acordades das preguntas que vos fago todos os días?? 
Así xa tedes todas as respostas.

LUNS 27 DE MARZO window again. VIDEO SORPRESA Where´s my mum?





Bos días.
Montei un pequeno e modesto video con todos os vosos traballos. Sodes os mellores aínda que non é unha novidade para min. Espero que vos guste.






Perdoade se me falta algunha das fotos, recibo case 50 correos diarios e no medio de fotos, apuntes e fichas é posible que me falte algunha. Reenviádema e o volvo a facer. Pídovos desculpas.

Hoxe só imos seguir co reto.
Tócanos o tempo.
It is sunny cun sol grandísimo e moi bonito. Que se vexa desde a rúa.

E para tods, escoitade este conto tan bonito. Copiade o título e facede un debuxo ( cos nomes en inglés)









REPASO 3º
Déixovos as fichas  para repasar durante toda a semana, non son todas para hoxe,eh!( son para toda a semana)
Fichas de repaso premede aquí

jueves, 23 de abril de 2020

Venres 24 de Abril window again

MORNING!

Estades traballando un montón. Cada día recibo moitos correos e a verdade e que sodes @s mellores. Así pois, seguimos.

Para infantil

Seguimos con esta serie que vos gusta tanto.









Imos co reto.

Recordades? temos que encher as nosas ventanas co traballo de inglés para que vexan desde a rúa todo o que traballades.
Escribimos nun folio en grande o seguinte, e o pegamos mirando para fóra.

1º día- MY NAME IS......

2º día- I am ..... years old

3º día TODAY IS FRIDAY ( porque é venres)
Que vos parece?
Aquí vos deixo exemplos.






Os que queirades que publique as vosas fotos cando as mandedes tedes que facer unha autorización no correo do tipo:
Eu,...........................nai/pai de .............. autorizo a Eva Fernández Torres a publicar a foto no blogue de inglés. 
Que vos parece?

Porfa, se podedes que sexa en JPG, PNG
Senón toleo convertíndoas.


Máis cousas:

Déixovos un enlace para repasar TODOS OS CURSOS. Tan só tedes qque premer no voso e facer os xogos, escoitas cancións..etc ( e podedes probar no curso seguinte)



Recordovos o meu mail
evaftorres@gmail.com
Cuidádevos moito. Xa queda menos








miércoles, 22 de abril de 2020

Xoves 23 Abril. How old are you?



Good Morning. FELIZ DÍA DO LIBRO!

Traballamos un pouco?

Vos acordades do reto de onte:                             "Window challenge"?
Imos decorar as "windows" co noso traballo en inglés.
Onte era: "Hello My name is...."

Hoxe:
I am .... years old ( e poñedes os anos e facedes un debuxo)

Ollo piollo: Cada frase nun folio, que sexa moiii grande(ocupade todo o folio) e o poñedes mirando para a rúa. Así sabemos os nenos que traballan moito en inglés. E cando poida sair espero velos por todo Miño e arredores.

Aquí temos a Sofía que fixo un gran traballo. Mañá engadimos a nova frase e así seguiremos varios días. Divertido,non si?



SEGUIMOS

Para infantil





 E cantamos un pouco


E o tema de hoxe

How old are you?? Cantos anos tes?
Dúas formas: 
I´m nine.
I´m nine years old










E se xogamos? Este xogo vos pode deixar coa boca aberta.
Premede aquí e xogade




Hoxe non mando máis fichas, ide a entrada de onte para descargalas.
Recórdovos o meu correo evaftorres@gmail.com
I love you




martes, 21 de abril de 2020

Mércores 22 abril. Window challenge

Good morning. How are you today? Are you ready to begin? 
Comezamos:

Para infantil



REPASAMOS:
1- Repaso para primeiro,premede aquí

2- Repaso para segundo,premede aquí

3- Plástica de 3º, premede aquí
   inglés,premede aquí


Xogamos un pouco.

Queredes aprender a reciclar?


E COMO NON, UN RETO:

Vamos a cubrir as nosas fiestras día a día.
 Na fiestra da vosa habitación pegades un folio con:

HELLO
MY NAME IS.....

E se podedes me mandades unha fotiño.

Mañá seguimos. See you tomorrow




lunes, 20 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL. VERBOS

GOOD MORNING EVERYONE


Hoxe imos a repasar os verbos. O primeiro que tedes que facer todos os cursos é ver os seguintes vídeos: escoitamos e repetimos.





































Xa moitos de vós podedes facer frases con:
I can- Yo puedo/ yo sé
I can´t- yo no puedo/ yo no sé.

Así pois, traballo para hoxe:
- Copiamos cada frase nun folio.

1-I CAN WALK
2-I CAN JUMP-
3-I CAN FLY-
4-I CAN DANCE-
5-I CAN SWIM
6-I CAN PLAY THE GUITAR-
7-I CAN RIDE A BIKE-
8-I CAN SING A SONG-  
9-I CAN SLEEP-

e a poñemos no chan de cada un dos seguintes cuartos:
1- In the kitchen
2- in the corridor
3- in the sitting room
4- in the bathroom
5- in your room
6- in the kitchen
7- in the toilet
8- in your parents  room
9- in the dinning room

Entón: cada vez que entres ou pases por encima do cartel tes que decilo en inglés e tes que facer o xesto( bailar, saltar, tocar a guitarra...etc)
Peeeerooooo os maiores tamén o poden escribir arredor da frase inicial(despois os contades e vedes cantas veces pasastes polo mesmo cuarto).
A quen lle apeteza me pode mandar fotiños do reto.
Espero que o pasedes ben


TRABALLO ESCRITO

Infantil y 1º- 

                         Repaso para esta semana


2º                      REPASO 21 ABRIL

3º-                       fichas de repaso 21/04



Aquí tedes unhas flashcards para repasar

PREMEDE AQUÍ




Mirade a entrada do cdrom podedes descargar os xogos de todos os cursos de 1º a 6º. Serve para repasar dunha maneira lúdica



Ata mañá bereberechiñs


CDROM


MORNING.
Déixovos o enlace ao cd rom de BEEP, libro que usamos en terceiro- Están todos os cursos. así que serve para repasar xogando, desde 1º a 6º

cdrom BEEP
https://365santillana-my.sharepoint.com/personal/jaescoms_santillana_com/_layouts/15/guestaccess.aspx?docid=1ebf0e0d767a8411d8d4bdf4e98a18880&authkey=AXqgoYwa5YU3jQ7SM1RIcSM&expiration=2022-03-22T23%3A00%3A00.000Z&e=P5EDrF

domingo, 19 de abril de 2020

LUNS 20 ABRIL 2020 REPASAMOS


GOOD MORNING

Hoxe imos facer un repasiño.

Escoitamos












LISTENING TIME





Cantos "TOYS" podedes atopar?
facedes un debuxo e lle poñedes o nome, Que vos parece?

Vós xa podedes escribir frases con:
I have got a yellow car- 
I haven´t got a blue scooter-


CHALLEGE


FOOD MEMORY GAME

UNHA FICHIÑA PARA REPASAR



COOKING TIME

Que tal se cociñamos en inglés?



Aquí vos queda unha ficha de riddles de repaso



WORD OF THE DAY

squirrel

ATENCIÓN, MAÑÁ SUBIREI UN RETO MOI DIVERTIDO.😊





jueves, 16 de abril de 2020

Venres 17 de Abril. Challenge. Reto.


GOOD MORNING EVERYONE

Hoxe propónovos un reto diferente, buscar e etiquetar. O que non entendades podédelo buscar en calquer dicionario on line. A min me gusta word reference.

Así pois, cando o atopedes poñélledeslle o nome nun post-it ou nun papel. Se vos animades me enviades algunha fotiño.

evaftorres@gmail.com


Convídovos tamén aos que non sodes de Miño, xa que o meu blogue está incluido en aulas galegas    (sitio web no que colaboro nestes días de confinamento). Encantaríame recibir as vosas fotos.

Así pois comezamos:

 Reto 1. Dificultade media.








RETO 2.

DIFICULTADE ALTA





RETO 3
DIFICULTADE BAIXA





Escollede un ou dous retos. os nenos poden copiar os nomes para colocalos e lles sacades unhas fotos e mas enviades.
Divertido, non sí?
Have fun



miércoles, 15 de abril de 2020

XOVES 16 ABRIL. SPORTS

HELLO.

Recórdovos a app do libro que temos por si a queredes traballar. Buscade as entradas do libro de
GO1 Para primeiro
GO2
GO3

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.itbook.go&hl=es

/
Hoxe imos a falar de deportes.
Tedes as actividades por cursos.





Sabemos dicir:

I can play tennis
I can play football
I can run

XOGOS CON DEPORTES

XOGOS ON LINE 2

ficha 

FICHA PARA IMPRIMIR


                                    2º


XOGOS ON LINE


                                           1º


XOGOS ON LINE


                             Infantil e Todos os cursos







Mirade que contiño máis chulo






E se facemos algo diferente con origami.
Pareceume interesante esta proposta para plástica.

Facemos origami. Premede aquí




martes, 14 de abril de 2020

MARTES 14 DE ABRIL ABC´S

Bos días de novo.


Espero que vos atopedes con moita saúde e forza para afrontar o novo trimestre. Segundo o último comunicado da xunta temos que seguir repasando contidos e titorizando alumnos. Tedes máis información na páxina web do cole. 

Antes teño varias cousas que comentaros:

-Para os que se incorporan agora recórdovos o meu mail:

evaftorres@gmail.com.

- Comezade desde o venres 13 de marzo, data de inicio do traballo on line. Seguides as pautas diarias.

- Máis cousas: encantáronme as vosas tendas.💓💓💓💓, eso sí, sodes moi careiros. Mi madriña que precios!!! Vos aproveitades das circunstancias ;). Vaia traballo fixestes!! Os vídeos e audios son impresionantes. Moitas grazas.


Así pois, comezamos a traballar repasando, cantando e xogando.

Hoxe imos falar do abecedario.

The abc´s song

A ver quen se acorda, porque volo dixen, cal é a letra que non teñen os ingleses???

Xa é a primeira pregunta que me tedes que contestar.

AQU TEDES UN POSTER





Infantil,1º,2º,3º





Hoxe propóñovos un challenge, unha actividade diferente e divertida.

Tedes que buscar cousas pola casa con todas as letras(valen cores, tamaños...)
Por exemplo:
a- apple (escribides apple e poñedes a mazá)
b- ball 
c- cat

Así ata atopar un obxecto con cada letra.
Dúas variantes:
1º Só facer con vocabulario que saibades.
2º- buscar como se di e aprender palabras novas    (todo o que os nenxs queiran saber como se di en inglés)

ACROSTIC POEMS
Que tal se facemos un co voso nome?
O meu é faciliño:
E- elephant
V- vulture
A- apple    e facemos un debuxiño.
Tedes moitas ideas, escollede a que máis vos guste e a traballar.


O importante é que  escriban un pouco.


Infantil!!! - Veña, seguro que me seguides impresionando.











FICHA DE ABECEDARIO  para 1º,2º,3º

xogos premede aqui


E aquí tedes unha historia



E por último: WORD OF THE DAY

CARTOON