jueves, 2 de abril de 2020

XOVES 2 DE ABRIL 2020 ENLACES LIBRO DE PRIMEIRO

GOOD MORNING EVERYONE.


Hoxe vou  facer dúas entradas diferenciadas.
Primeiro os enlaces ao activity book co que estamos traballando.
E segundo recordarvos o meu correo para que me enviedes os traballos, debuxos, propostas dos peques. Xa sei que moitos me seguides desde hai case tres semanas. Moitxs bereberechiñxs están traballando increiblemente ben. Para os que vos incorporastes esta semana, vos recomendo o traballo diario dende o dia 15 de marzo. Así vos poñedes ao día, non é moi tarde.....bueno, un pouco!!!
Correo:  


evaftorres@gmail.com
Para os de terceiro que aínda non sabedes, aquí me podedes mandar o traballo diario dos vosos fillxs. 
Xa o contei en moitas outras entradas pero o volvo a repetir: NON É AVALIABLE. E ata o día de hoxe non temos outras indicacións de avanzar na materia.
Así pois, imos aló.

GO1 LIBRO DE PRIMEIRO


OLLO!!!! ABRIR CON GOOGLE CHROME



Son dous temas por avaliación, ainda que na primeira avaliación fixemos moi pouco no libro, xa que había moitos nenos que non sabían escribir. O que fixen foi, mediante xogos, repasar e adiantar vocabulario. Deste xeito xa o saben e so nos queda escribilo.

Organización do traballo:
Repasamos tema 1.  FAMILY AND FEELINGS  Vedes os exercicios que xa fixemos e con que escriban o vocabulario da familia( que vedes que xa o saben coa canción de Baby shark) e o vocabulario dos feelings. Todo repasado neste blogue desde hai case tres semanas.

Alumnos de infantil

Moitas familias de infantil estádesme mandando o traballo que propoño para primeiro, pois os que queirades podedes tamén repasar este vocabulario.
Cómo???
Tarxetas de palabra- vocabulario ( tedes que ver os post anteriores). 
Escribir de varias cores cada palabra
Debuxo da familia
Debuxo dos feelings
My favourite word
E outra cousa que fago con eles é que lles pregunto que máis queren aprender do tema. Pois por exemplo curmá ou tía. Pode ser unha boa idea preguntarlles e facer un listado, un libriño pequeno ( a idea é non facer todo ou en libreta ou en folios para cambiar de material de vez en cando para que non se aburran))




No hay comentarios:

Publicar un comentario