HELLO
How are you?
Xa queda un día menos. Hoxe antes de comezar co traballo gustaríame facer unha reflexión en voz alta como mestra . As circunstancias son excepcionais e como tal, teríamos que actuar. A lei é clara, non se poden avanzar contidos nin avaliar. Onte recibín algún correo dicindo que non querían traballar algúns nenos e a miña resposta foi a mesma. Pois déixaos. Xa traballarán. Hai tempo. A ventaxa de inglés é que o avance de contidos non é moi ampla nos cursos baixos de primaria.
Así que eu sigo na miña línea,que sorte temos en inglés que podemos aprender xogando e cantando, "xogando se aprende máis" e os vosos peques saben un montón. Tamén vos agradezo todos os comentarios recibidos. Grazas. Seguimos traballando. Queda un día menos.
Let´s go
Check this vocabulary
e outro xogo.
E agora escoitamos este contiño.
TRABALLO PARA HOXE:
Facemos unhas tarxetas.
Escribimos:
IT IS RAINING
IT IS CLOUDY
IT IS WINDY
IT IS FOGGY
IT IS SUNNY
IT IS SNOWING
IT IS HOT
IT IS COLD.
E NOUTRAS 8 tarxetiñas facemos o debuxo.
xogos:
Memory: todas boca a baixo e levantamos de dúas en dúas ata atopar as dúass iguais.
Preguntas:
What´s the weather like? Levanto unha tarxeta e lle pregunto a miña nai ou meu pai ou etc...
GUESS.
Levanto unha tarxeta sen mirar.Teño que adiviñar what´s the weaather like?
Tedes xardín, escribide no chan cunha pedra, unha tella, ladrillo..etc. Se o facedes me mandades unha foto?
E para rematar:
Word of the day:
It is chilly- Buscamos o significado??? e facemos un debuxo.
Xa queda menos mexilóns.
See you tomorrow
See you tomorrow
No hay comentarios:
Publicar un comentario