jueves, 25 de junio de 2020

Grazas

Rematou o curso berberechos. Fostes todxs moi traballadores.
Grazas tamén aos pais, nais, tías.... que traballastes un montón con eles.
Pídovos desculpas se a organización non foi todo o boa que tería que ser pero a nós tamén nos colleu por sorpresa. Aprendemos todxs un montón, a conectarnos por webex, a escanear, a mandar un pdf, a mandar un jpeg, a subir imaxes a mandar fotos....e así un largo etc.
Agradézovos  todos os correos que me enviastes nos últimos días con todas as mensaxess que me emocionaron moitísimo.
Para os meus berberechiños decirvos que fostes moii valientes e moi traballadores. Teño preparadas super pegatinas para todxs á volta.
Vémonos en Septiembre, coidádevos moito.
I love yooou soooo much.

Recomendación para o verán:
- Que tal se repasades as entradas do blogue? Así repasaredes por temas( toys, numbers, colours...)
- Escoitade todo o que poidades en inglés, e cando vos apeteza podedes escribir un pouquiño.
- Recordade que subirei material cada semana.
1º,2º,3º
Quedádevos co cD que virá co novo libro. Copiade o número de acceso que ven na contraportada. MOI IMPORTANTE.

- E cando queirades podédesme mandar algún correo, estarei encantada.
Vémonos en Setembro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario