Aquí tedes padlet do novo proxecto eTwinning 2425" Valeroso chan".
Precisamos a vosa axuda para enchelo de lendas, cancións, flora e fauna das fragas e todo o relativo aos muiños.
Aquí tedes padlet do novo proxecto eTwinning 2425" Valeroso chan".
Precisamos a vosa axuda para enchelo de lendas, cancións, flora e fauna das fragas e todo o relativo aos muiños.
O mes de novembro irei a traballar a un colexio público de Toronto, neste padlet irei subindo diariamente cousas da vida cotiá que sexan relevantes. Acompañádesme?
E chegou o verano. algúns quixestes que vos subira opción por aquí.
aí tedes links para repasar:
Vocabulario variado.
https://learnenglish.britishcouncil.org/vocabulary/a1-a2-vocabulary
Comezamos este xaneiro cun novo proxecto de innovación educativa europeo a través da plataforma "Etwinning" e da man do "Proxecta"(programa de innovación educativa promovido pola xunta). Este ano seguiremos traballando a prol do patrimonio natural e inmaterial que nos rodea, canción, rimas, lendas e tradicións co fin de por en valor o patrimonio que nos rodea.
Un curso máis, Mar Ares, Antonia Filgueira, Belén Estrada e Eva Fernández propoñémonos abrir as portas das nosas aulas e traballar da man dun colexio europeo. Xa temos experiencia e retomamos este proxecto con moita ilusión.
Co gallo de que os nosos compañeiros portugueses nos coñezan o primeiro paso deste novo proxecto é a presentación.
Traballamos a presentación mediante avatares. A cativada de 6º axudounos a montar o avatar coa nosa descrición en inglés. A maiores vai o noso nome en Braille. Desexamos que vos guste.