
Past simple tense
Velaquí deixo a entrada ao padlet do proxecto de etwinning feito sobre patrimonio material e inmaterial. Traballamos tanto en inglés como en galego coa finalidade de difundir todo o patrimonio que temos ao redor.
https://padlet.com/ERASMUS_REGIO/Castro_Baxoi_AEJRPortalegre
Ola de novo.
Déixovos aquí os marabillosos traballos dos rapaces inxeridos nun Padlet. Os nosos amigos de Kuujjuaq estiveron máis de medio curso confinados, de setembro a decembro, volveron en xaneiro e marcharon de novo en febreiro. Era algo co que contabamos xa que a incidencia do covid no círculor polar ártico chegou moito máis tarde que en en España. Foi un das últimas rexións de Canadá en chegar.
Con todo e con iso, a nosa contact teacher, Kari Hanes enviounos pequenos videos e fotos desde a súa casa, xa que estaban confinados e non podían sair. Unha mágoa.
Eso sí, a rapazada seguiu traballando como si tiveramos feedback.
Parabéns a todos. Sodes uns rapaces e rapazas estupendas.
Este é o link do padlet en donde están inxeridos os traballos. A verdade é que estou moi orgullosa de vós. I´m proud. Congrats!
https://padlet.com/evaftorres1/tz7dhclilfvmvl1w